sábado, 29 de octubre de 2016

REFLEXIÓN INDIVIDUAL DEL MÓDULO 3

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL
         Este módulo 3 se divide en seis temas relacionados entre eles, xa que en todos eles vamos a falar do traballo do orientador laboral. A continuación irei tema por tema facendo unha breve reflexión:

·        TEMA 11: O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL I. INTERMEDIACIÓN LABORAL
En primeiro lugar vamos a sinalar os modelos de intervención en orientación laboral:
- Modelo didáctico: A posición do persoal técnico é unha posición “UP”. Esta posición significa que o persoal técnico posúe o poder do coñecemento e a capacidade de conceder ou denegar.
- Modelo de asesoramento: A posición do persoal técnico é unha posición “IGUALITARIA”.  Facilitar a toma de decisións a través do consenso pero esconde un exercicio persuasivo de poder por parte do técnico.
- Modelo centrado nos recursos: A posición do persoal técnico é unha posición “DOWN”. Postura de “ignorancia deliberada”. O poder aparece na persoa beneficiaria xusto polo uso do non poder do persoal técnico.
Os modelos deben de funcionar como guías flexibles e complementarias que se adaptan ás necesidades do momento, das persoas que participan no proceso (tanto persoal técnico como persoas usuarias) e dos obxectivos comúns do proceso orientador.

Outro punto que debemos ter en conta son os principios nos que debe basearse a orientación laboral que son:
· INDIVIDUALIZACIÓN: Os contidos, a temporalización, a linguaxe e as técnicas a utilizar deberán adaptarse a cada persoa.
· FLEXIBILIDADE: Deberá permitir unha intervención tanto individual como grupal cando se considere conveniente, adaptando as devanditas intervencións aos casos concretos.
· DESENVOLVEMENTO/BUSCA DA AUTONOMÍA: Debe potenciar a autonomía de cada participante, desenvolvendo os seus recursos, habilidades e competencias.



·        TEMA 12: O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL II. ITINERARIOS DE INSERCIÓN
         En primeiro lugar vamos a empezar falando do traballo do orientador laboral:
- Non procuramos emprego. Axudamos a encontralo.
- Facilitamos ferramentas
- Non somos traballadores sociais
- Non somos terapeutas
 As funcións do orientador laboral consisten en:
- Apoiar ás persoas desempregadas para que sexan os seus propios axentes de cambio mediante á resituación de si mesmos con respecto ao mercado de traballo.
- Colaborar coas empresas que queiran recolocar a seu capital humano en outros postos (outplacement) ou ben que precisen cubrir postos de emprego (apoio en preselección de candidatos/as)
- Accións cara o contorno destinadas a minimizas os prexuízos e os estereotipos asociados as persoas desempregadas en risco de exclusión social.
- Facilitar o acceso a un emprego ou á mellora profesional das persoas traballadoras, evitando a segregación horizontal e/ou vertical por cuestións de xénero, idade ou orixe.
- Asesoramento laboral a empresas e traballadores/as sobre os seus dereitos e obrigas laborais, reforma laboral, lei de estranxeiría, seguros sociais…
A intervención do orientador laboral pode ser unha atención individualizada en onde se poden facer entrevistas ou titorías ou unha actividade grupal en onde se poden facer dinámicas grupais ou acción formativas.
Antes de empezar a buscar emprego debemos reflexionar sobre unha serie de cuestións: ¿que quero? ¿que teño? ¿que esixe e que ofrece o mercado?, despois  desto deberemos facer unha análise DAFO.  

·        TEMA 13: O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL III. PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓNS
Neste tema básicamente nos referimos a entrevista de traballo, tanto a entrevista de orientación laboral como a de selección por competencias.
Na entrevista de orientación laboral distinguimos tres tipos:
1.    Entrevista dirixida: O/a entrevistador/a fai preguntas concretas e moi específicas ao entrevistrado/a, dándolle pouca marxe para as respostas.
2.    Entrevista semidirixida: O entrevistador/a fai preguntas concretas pero deixando algunhas abertas nas que o entrevistado pode expoñer o tema de maneira libre e espontánea. Desta maneira, o entrevistador/a pode observar tamén como se organiza mentalmente.
3.   Entrevista grupal: Convócanse entre seis e dez candidatos e candidatas, faise unha simulación de situación grupal na que se ha de debater un tema para chegar a unhas conclusións. O obxectivo desta entrevista é obter información sobre a capacidade de relación e comportamento dos candidatos/as nun grupo.
As entrevistas están estructuradas nas seguintes partes:
- Presentación
- Desenvolvemento:
· Introducción
· Formación
· Experiencia profesional
· Avaliación de coñecementos
· Motivación
· Antecedentes persoais e familiares
· Autovaloración e conclusión
- Peche entrevista
A entrevista de selección por competencias ten as seguintes fase do proceso de selección:
- Entrevista inicial
- Pase de probas
- Entrevista en profundidades
- Informes dos candidatos

·        TEMA 14: O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL IV. ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO
Neste tema vamos a falar sobre a intermediación laboral e a prospección de empresas.
   A intermediación laboral é o conxunto de accións que teñen por obxecto poñer en contacto as ofertas de traballo cós traballadores que buscan emprego, para a súa colocación. A intermediación laboral ten como finalidade proporcionar aos traballadores un emprego axeitado as súas características e facilitar aos empleadores máis axeitados aos seus requerimentos e necesidades.
   A prospección según o dicionario da Real Academia Española da Lingua define a prospección como a "explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes".
O traballo do prospector se divide nas seguintes fases:
- Fase preparatoria: trátase do punto de partida e do obxectivo mesmo da prospección.
- Fase de planificación: consiste en realizar unha coordinación previa da actuación que levará a cabo. Contempla accións como identificación e recompilación de información das empresas a prospectar, creación de bases de datos, preparación de material e documentación a achegar, e difusión das actividades a realizar dentro dun plan de comunicación e/ou marketing.
- Fase de traballo de campo: fai referencia á propia prospección onde se produce a interacción e intercomunicación entre prospector/a e empresa, así como, a toma de decisións en función da finalidade mesma da prospección.
- Fase de avaliación e seguimento: trata de analizar a información recollida e buscar solucións ou satisfacer as necesidades detectadas.

·        TEMA 15: O TABALLO DO ORIENTADOR LABORAL V. TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO
O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que o/a demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.
A continuación estableceremos as diferentes ferramentas de procura activa de emprego e as técnicas que se poden utilizar, unha vez a persoa xa ten o obxectivo laboral definido:
- O proceso de selección: O proceso de selección é a unión entre a empresa que dispón dunha vacante e a persoa que se atopa en procura de emprego.
- Canles de procura de traballo: É importante que a persoa que busca emprego sepa as canles que ten a súa disposición.
- Currículo e carta de presentación: O currículo vitae é a ferramenta fundamental para a procura de emprego.



As cartas de presentación, ultimamente case substituídas polos correos electrónicos, son unha ferramenta fundamental que debe acompañar a todo currículo vitae que presente.
- Entrevista de selección: A entrevista é considerada un dos momentos decisivos, se non o que máis, dos procesos de selección. Faise imprescindible dar a coñecer en profundidade aos/ás usuarios/as para que serve unha entrevista, as diferentes formas que adopta, tipoloxías, que valoran as empresas cando as realizan... todo iso incrementa as posibilidades de éxito e reduce a incerteza das persoas que se enfrontan a elas.
- Outras probas de selección, psicotécnicos e dinámicas grupais
- Rede de contactos - Networking: A rede de contactos é unha ferramenta moi importante á hora de atopar traballo.

·        TEMA 16: O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL VI. ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA
Emprender é:
"Emprender é poñerse a facer cousas é... ¡facelas!
Non é unha ciencia, nin un arte, é... unha práctica!!!
   Un Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a súa propia empresa. No devandito documento a persoa emprendedora reflexiona e plasma as cuestións máis importantes e significativas da posta en marcha e funcionamento do seu proxecto de nova empresa.
As partes do plan de empresa serían:
- Portada
- Indice
1. Introdución
2. Estudo de mercado
3. Plan comercial
4. Plan de organización e recursos humanos
5. Aspectos legais
6. Estudo económico-financeiro
7. Conclusións: risco e viabilidade do proxecto
8. Resumo executivo
9. Anexos
- Desenvolvemento dos contidos

                                   
                                   VALORACIÓN PERSOAL:


         A miña valoración neste módulo é moi positiva, xa que nel se centra no papel do orientador laboral, onde poidemos ver todas as súas funcións e tarefas, así como saber actuar fronte a orientación aos nosos usuarios que queiran elaborar un plan de empresa ou simplemente sabelos guiar na búsqueda de emprego mediante un itinerario personalizado de inserción.

     Sen duda, o papel do orientador laboral ten moita importancia cando asesora e axuda aos usuarios ou empresas, polo que é imprescindible que un orientador estea debidamente formado e actualizado sobre as noticias de emprego ou autoemprego.



PARA SABER MÁIS:

IGAPE
XUNTA DE GALICIA
INCUAL
SEPE







                                            


No hay comentarios:

Publicar un comentario