MÓDULO I: MARCO CONCEPTUAL
Este módulo 1 se divide en cinco temas diferentes pero interrelacionados entre eles. A continuación,
irei tema por tema indicando cales foron os puntos máis relevantes
para min:
TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
TEMA 1: MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
O punto máis relevante do tema do marco de referencia da Orientación Laboral foi saber que o Fondo Social Europeo nos proporciona uns recursos que podemos aproveitar, a través das diferentes convocatorias de axudas.
Tamén
podemos destacar a importancia de saber distinguir entre as políticas
activas e as políticas pasivas de emprego:
-
Políticas activas son o conxunto de programas e medidas de
orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as
posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no
mercado de traballo, por conta propia ou allea.
-
Políticas pasivas son aquelas que teñen como obxectivo principal a
protección por desemprego, atendendo a situación de necesidade que
se produce cando unha persoa traballadora, con capacidade para
traballar e con intención de facelo, non pode prestar os seus
servizos no mercado de traballo ben por non atopar un posto ou ben
por perder o que estaba a desenvolver.
O
punto máis relevante do tema de mercado de traballo foi cando o
docente Fernando nos comentou que a causa do paro é debido ao
salario xa que nun emprego con gran salario e no que hai menos
persoas traballando.
Tamén
podemos destacar a importancia que ten na búsqueda activa de emprego
coñecer o mercado laboral xa que buscar emprego é unha carreira de
fondo na que o triunfo non só está reservado a aquelas que mellor
preparadas estean, senón ás que ademáis saben venderse e coñecen
como construir o seu camiño hacia o emprego. Para elo é necesaria
manexar o mercado laboral e coñecerse a un mesmo, así como sacar
partido ao currículo vitae, dominar o proceso de selección, a
entrevista, e por último estar ao tanto das novas tecnoloxías.
TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
O
punto máis relevante do tema de certificación e formación
profesional foi que as cualificacións profesionais organízanse en
26 familias profesionais é en cada familia, según o grao de
coñecemento, hai 5 niveis de cualificación pero só se utilizan 3
niveis.
O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE INCLÚE:
O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE INCLÚE:
- IDENTIFICACIÓN
- CERTIFICADO
DE PROFESIONALIDADE PERFIL
- FORMACIÓN
Neste
tema tamén é importante saber diferenciar entre unha persoa
cualificada e unha persoa competente. A persoa está cualificada
cando no seu desempeño laboral, obtén os resultados esperados, cos
recursos e o nivel de calidade debido. A persoa é competente, cando
nos referimos á gama completa dos seus coñecementos e as súas
capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico, adquiridos
por diferentes vías e en todos os niveis, do básicco ao máis alto.
TEMA 4: A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
TEMA 4: A POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
O
punto máis relevante do tema da política social e de emprego na
Unión Europea foi a rede EURES: Rede Europea de Servizos de Emprego,
o cal, é un portal de mobilidade profesional que sirve para que as
persoas poidan encontrar traballo noutro país. Esto nos facilita a
os orientadores laborais ter a información necesaria para poder
facilitarlla a os usuarios/as que desexen ir a traballar ou estudar
nalgún país da Unión Europea, para poder desenvolverse con
facilidade no país de destivo.
TEMA
5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL
O
punto máis relevante do tema da iniciativa emprendedora como forma
de acceso ao mercado laboral é o importante que é motivar a unha
persoa que teña a iniciativa de emprender un negocio, asesorando e
aclarando todas as dúbidas para que a persoa poida saber se o seu
plan de empresa sería viable. Así como tamén é importante
xestionar correctamente a información da Unión Europea para saber
orientar aos nos usuarios/as para que poidan beneficiarse dos
programas, axudas, subvencións, becas, etc cara a mellor a súa
empregabilidade.
REFLEXIÓN FINAL:
Nestes tempos que estamos vivindo, onde encontrar traballo se está facendo un camiño longo e difícil de alcanzar, temos que intentar adquirir todas as ferramentas necesarias empezando por coñecer o mercado laboral, coñecerte a tí mesmo, formarte, etc, para poder alcanzar o obxectivo esperado que sería encontrar traballo. Neste camiño, a intervención dun orientador laboral ten un papel moi importante xa que te saberá aconsellar sobre como intertar mellorar a búsqueda activa de emprego neses momentos no que unha persoa se encontra un pouco perdida e non sabe que facer para poder atopar traballo.
Para saber máis:
www.sepe.es
- CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
- EURES: TRABAJO EN EUROPA
- CREA TU PLAN DE NEGOCIO, ETC.
www.xunta.es
- OFERTAS DE EMPREGO
- FORMACIÓN, ETC.
www.igape.es
- PUNTOS DE ASESORAMENTO AO EMPRENDEDOR
- PLAN DE NEGOCIO
- GUÍA UE DE INTERNACIONALIZACIÓN, ETC
- CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
- EURES: TRABAJO EN EUROPA
- CREA TU PLAN DE NEGOCIO, ETC.
www.xunta.es
- OFERTAS DE EMPREGO
- FORMACIÓN, ETC.
www.igape.es
- PUNTOS DE ASESORAMENTO AO EMPRENDEDOR
- PLAN DE NEGOCIO
- GUÍA UE DE INTERNACIONALIZACIÓN, ETC
No hay comentarios:
Publicar un comentario